CRTVG

Buscar

A Xunta licita o proxecto da nova estación de buses e o intercambiador de Lugo

Publicado o 18/10/2019 15:49

Os interesados poden presentar os seus proxectos para a nova estación de autobuses de Lugo, integrada na intermodal, ata o próximo catro de novembro. O período de execución é de 11 meses e conta cun orzamento de 195.000 euros. Terán que cumprir uns requisitos.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas: "O que queremos é unha perfecta integración da estación de autobuses na ferroviaria e no proxecto global. E un deseño arquitectónico que ofreza maior funcionalidade, menor impacto e mellor servizo aos usuarios".

A Xunta tamén licita a demolición da actual estación e o estudo do proxecto do espazo público aberto que se vai construír alí. Terá varias funcións.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas: "Función social porque é unha zona de lecer, económica porque pensaremos no comercio local, de vertebración territorial porque prevemos un intercambiador, como un bus lanzadeira para a estación de tren, e ambiental porque queremos unha zona verde".

O investimento previsto neste proxecto é de 48.000 euros.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí