CRTVG

Buscar

A Xunta licita 2.000 liñas de autobuses do novo plan de transporte

Publicado o 04/04/2019 19:05

A Xunta autorizou hoxe os 100 primeiros contratos do novo mapa galego de liñas de autobús. Feijóo dixo que esperan ter adxudicadas todas as concesións de transporte por estrada para a próxima década a final de ano.

As novas concesións dan continuidade aos servizos de autobús adxudicados no verán do 2017 e, segundo destaca a Xunta, inclúen melloras, como tarifas unificadas, incrementos de rutas ou horarios e servizos baixo demanda en periodo non lectivo. Afectan 1.000 autobuses e case 2.000 liñas de transporte regular.

O presidente explicou que estes contratos terán un volume de negocio de 630 millóns de euros, dos que a Xunta pon 500 e o resto os usuarios a través dos billetes.

Habilitar 100 vivendas para as persoas sen fogar

Entre as 100 medidas que a Xunta propón a entidades e concellos destacan a de cuadruplicar o número de prazas en centros de inclusión, habilitar 100 vivendas para aloxar persoas sen fogar e reforzar a atención sanitaria aos sen teito, abrindo vías de preferencia para os que teñen algunha enfermidade mental e garantindo que todos os empoadroados en Galicia teñan tarxeta sanitaria. Segundo os últimos rexistros, en Galicia habería 1.200 persoas nesta situación.

Plan para crear 531 empregos no rural

A Xunta tamén aprobou hoxe unha achega de sete millóns de euros para impulsar a contratación de 531 desempregados no rural. A duración dos contratos será de nove meses a tempo completo e os traballos han de estar vencellados á xestión do monte e á prevención de incendios nas faixas secundarias.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/04/2019