A Xunta lanza unha aplicación para mellorar a contabilidade das granxas de leite
Publicado o 04/08/2021 14:00
A Xunta lanzou hoxe unha nova aplicación informática para mellorar a contabilidade das granxas de leite. Chámase Conta Láctea e pode descargarse na web da Consellería do Medio Rural. Introducindo datos da explotación, como número de traballadores, gastos e axudas, o programa calculará os custos de produción e o prezo do leite que debería recibir o gandeiro para obter beneficios.
Segundo explicou o conselleiro do ramo, José González, van tentar que ese prezo sexa o mínimo a partir do cal se negocie coa industria e que así se recolla na futura lei estatal da cadea alimentaria.