CRTVG

Buscar

A Xunta lanza un plan turístico de descontos para maiores, mozos e familias

Publicado o 07/11/2019 15:07

A Xunta pon en marcha do programa 'Elixe Galicia', unha especie de Imserso do que se poderán beneficiar non só maiores de 55 anos, senón tamén menores de 30 e familias con fillos pequenos.

A Xunta financiaralles o 40% das estadías fóra de temporada alta e nunha provincia distinta á que viven. Esta iniciativa nace para desestacionalizar e descentralizar o turismo. Prevén que este programa beneficie 6.100 persoas o ano que vén e 6.700 no 2021.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019