CRTVG

Buscar

A Xunta lanza un novo plan de dinamización da lingua

Publicado o 03/07/2019 15:55

A Xunta investira máis de 17 millóns de euros de aquí ao 2022 nun plan de dinamización da lingua galega na mocidade. Anunciono o secretario xeral de Política Lingüística durante a súa presentación ante a cámara galega. Valentín García destacou que o plan consta de 39 medidas, moitas delas dirixidas aos neofalantes. Só este ano o Goberno galego investirá máis de catro millóns de euros para fomentar o uso do galego entre os mozos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019