CRTVG

Buscar

A Xunta lanza un concurso para potenciar o uso das bolsas de tea

Publicado o 01/04/2019 17:38

A consellería de Medio Ambiente anima a reducir o consumo de bolsas de plástico en favor de alternativas máis ecolóxicas. Para conseguilo pon en marcha dous concursos de deseño de bolsas de tea. A mellor proposta do alumnado de primaria estamparáse en 3.000 bolsas, e será premiada con 250 euros para o autor e outros 250 para o seu centro. E o deseño gañador nos niveis educativos superiores recibirá 500 euros para o autor e outros 500 para unha ONG que traballe a prol do medio ambiente.

 

 

Noticias web

01/04/2019