CRTVG

Buscar

A Xunta lanza o Bono Cultura, con descontos do 50 % en libros, películas ou entradas

Publicado o 23/09/2021 14:59

O Bono Cultura quere seguir o exemplo do turismo e o comercio, para reactivar o sector e, ao tempo, incentivar a demanda cultural. Ofrecerá descontos de ata o 50 por cento para os clientes, que poderán descargar os cupóns a través dunha páxina web para gastar en produtos como libros, videoxogos ou entradas para espectáculos. Os bonos, de 50 euros poderán usarse entre novembro e decembro.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, asegurou: "Vai mobilizar catro millóns de euros, e chegaremos a 39.000 usuarios, que terán un bono de 50 euros do que poden obter descontos do 50 por cento".

A reactivación cultural esténdese tamén ás orquestras, un sector relevante para Galicia e especialmente castigado pola pandemia. A Xunta foi a primeira administración autonómica en adxudicarlles axudas específicas, e agora ampliou o convenio co sector ata un millón 200.000 euros. A maior parte desta inxección destinarase a un circuíto de sete festivais con 50 orquestras.

Noticias web

23/09/2021