CRTVG

Buscar

A Xunta lamenta que o Goberno non dea datas concretas de finalización das obras do AVE

Publicado o 08/11/2019 14:49

A Xunta de Galicia lamenta que o Goberno central non dea datas concretas de finalización das obras do AVE a dous meses da data comprometida. A conselleira de Infraestruturas di que a chegada da alta velocidade é a prioridade do seu departamento e que non se vai cumprir a data de finais deste 2019.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas: "Non se nos ofreceu ningunha porcentaxe de execución das obras, non de vía colocada e instalada a día de hoxe. Non sabemos se están instalados na vía dereita ou nas dúas vías, porque a chegada do AVE a Galicia ten que ser en vía dobre. Seguimos coas mesmas incertezas e, unha vez máis, sorpréndenos que o propio ADIF non saiba cando realmente poden rematar as obras".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019