CRTVG

Buscar

A Xunta inviste preto de 16 millóns para reactivar o turismo

Publicado o 09/09/2021 15:28

350.000 euros para as axencias de viaxe galegas. Búscase axudar un colectivo especialmente afectado pola pandemia. O novo paquete da Xunta de apoio ao turismo tamén está dirixido aos establecementos hostaleiros. 6 millóns de euros para contribuír no pago das reformas ás que obrigou a covid. E outros 6 destinados a promover a dixitalización e a promoción na Rede destes establecementos.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegura que as axudas buscan "inxectar liquidez e impulsar a renovación do sector turístico". Feijóo lembra que a Xunta xa destinou 120 millóns de euros ao sector,  aos que se suman os case 16 que se activan agora. 

O paquete do Goberno galego tamén ten en conta os concellos de menos de 10.000 habitantes. 3 millóns e medio de euros estarán destinados a mellorar a súa oferta turística.

Ademais a Xunta vai achegar 700.000 euros para seguir promocionando Galicia como destino seguro centrándose no eido do turismo ambiental sostible.

Noticias web

09/09/2021