CRTVG

Buscar

A Xunta inviste catro millóns para renovar equipos dos centros de saúde

Publicado o 29/05/2019 20:11

A Xunta investirá 4 millóns de euros na adquisición de novo equipamento electromédico para centros de saúde.Anunciouno esta tarde na cámara galega o conselleiro de Saúde en resposta a unha interpelación de En Marea sobre a implantación do plan galego de Atención Primaria. Vázquez Almuíña destacou que o plan conta cun orzamento de 102 millóns de euros ata o 2021 dos cales máis de 79 serán destinados á renovación de equipamento e obras de reparación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/05/2019