CRTVG

Buscar

A Xunta inviste 6 millóns de euros para modernizar o servizo de Gardacostas

Publicado o 14/01/2020 14:48

A Xunta investirá máis de seis millóns de euros no 2020 para continuar modernizando o servizo de gardacostas. Anunciouno a conselleira do Mar durante a visita á patrulleira lixeira Punta Falcoeira, que ten base en Ribeira e que se suma ás que xa hai en Celeiro e Vigo.

Rosa Quintana dixo que o servizo incorporará nos próximos meses outra patrulleira lixeira e unha de altura que substituirá a Paio Gómez Chariño. A renovación permitirá mellorar os rescates e a loita contra o furtivismo e contra a contaminación mariña.

Noticias web

14/01/2020