CRTVG

Buscar

A Xunta inviste 380.000 euros en mellorar a eficiencia enerxética do xulgado de Ourense

Publicado o 19/08/2020 14:10

O vicepresidente da Xunta en funcións estivo en Ourense para comprobar a evolución das obras para mellorar a eficiencia enerxética do edificio xudicial.

A Xunta destinou 380.000 euros a facer practicables 80 fiestras do edificio e mellorar o seu illamento, e á instalación de iluminación led.

Unhas actuacións que, segundo avanzou Alfonso Rueda, estarán rematadas a principios do mes que vén, como moi tarde, e que se traducirán nun aforro enerxético duns 15.000 euros ao ano.

 

Noticias web

19/08/2020