A Xunta inviste 10 millóns para rehabilitar 38 vivendas en Ferrol para alugueiro social
O presidente da Xunta visitou hoxe o primeiro edificio rehabilitado en Ferrol do plan Rexurbe. Investiranse dez millóns de euros para rehabilitar 38 vivendas e catro locais comerciais.
Na visita Alberto Núñez Feijóo explicou que estas vivendas do casco vello poranse en alugueiro dende cen euros ao mes. O presidente defendeu a rehabilitación fronte á construción de edificios novos no conxunto de Galicia.
Feijóo tamén reivindicou carga de traballo para Navantia, un futuro enerxético para As Pontes e buscar comprador para Siemens Gamesa.
"Isto vai dar lugar a 39 vivendas protexidas e supón un investimento de dez millóns de euros no casco vello de Ferrol. Estou convencido de que esta inxección de optimismo nunha cidade carente del nestes momentos. Agora necesitamos que o Goberno central cumpra cun Ferrol máis industrial, máis naval e con máis emprego. Eso será un esforzo de todos", afirmou o presidente.