A Xunta investiu 8,7 millóns en equipamento para o CHUS nos últimos dous anos
Publicado o 07/09/2021 15:02

A Xunta investiu 8,7 millóns de euros en equipamento sanitario no Hospital Clínico de Santiago nos últimos dous anos. Nunha visita ao CHUS, Alberto Núñez Feijóo dixo que este é un exemplo da aposta pola modernización tecnolóxica dos hospitais galegos. O presidente coñeceu os novos equipamentos da Unidade de Imaxe Cardíaca, o novo acelerador lineal intraoperatorio para tratar tumores de mama ou páncreas e un dos sete robots Da Vinci que acaba de comprar o Sergas para facilitar a visión e movementos dos cirurxiáns.