CRTVG

Buscar

A Xunta investirá 38 milllóns en obras de mellora nas catedrais galegas ata o 2027

Publicado o 16/07/2021 15:08

O Plan de Catedrais pretende solucionar as principais deficiencias que teñen os cinco conxuntos catedralicios galegos. Os templos de Compostela, Ourense, Lugo, Mondoñedo e Tui recibirán 36 dos 38 millóns de euros previstos no plan. As prioridades establecéronse de acordo cos bispados. Serán en total 60 intervencións de mellora ata o ano santo do 2027, seguindo o exemplo do que se fixo ao longo da última década na Catedral de Santiago.

"Se fixemos un gran esforzo para ter preparada a Catedral de Santiago para o ano 2021, así queremos ter preparados os demais conxuntos catedralicios para o Ano Santo de 2027", asegurou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez."Congratúlome moito deste gran plan e espero que se manteña unha colaboración de todos no futuro", dixo Luís Quinteiro, bispo da diocese de Tui-Vigo.

Ademais das melloras nos cinco catedrais, vaise intervir tamén nas concatedrais de Vigo e Ferrol e na antiga catedral de San Martiño de Foz, onde se van investir case dous millóns de euros. A Xunta pretende financiar parte do plan a través do 1,5% cultural, que obriga a destinar esa porcentaxe dos contratos das obras publicas á restauración do patrimonio.

Noticias web

16/07/2021