CRTVG

Buscar

A Xunta investirá 23 millóns para o desdobramento do corredor Nadela-Sarria

Publicado o 11/02/2019 18:17

Primeiro paso para desdobrar a vía de altas capacidades Nadela-Sarria. A Xunta anuncia que investirá 25 millóns nos once quilómetros e que as obras se licitarán este ano. Anunciouno esta mañá a conselleira de Infraestruturas, que viaxou ata Sarria convidada polos empresarios e comerciantes da vila para explicarlles en que fase está un proxecto moi demandado nesta zona da provincia de Lugo.

Ethel Vázquez asegurou que se van recortar prazos no estudo ambiental e que este mesmo ano licitarán as obras do treito Sarria-A Pobra de San Xiao. Trátase dun treito de once quilómetros e medio en que a Xunta vai investir 23 millóns de euros. As obras comezarán en 2020.

A Xunta inicia un procedemento simplificado para a avaliación ambiental do desdobramento previsto no corredor Nadela-Sarria para convertelo en autovía. Anunciouno nesta vila luguesa a conselleira de Infraestruturas, convidada polos comerciantes e empresarios a un acto en que se expuxeron as liñas que se van seguir. Ethel Vázquez prevé que as obras para o treito Sarria-A Pobra de San Xiao, de 11,5 quilómetros, se liciten este ano e poidan comezar en 2020.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Vivenda: "23 millóns de euros dunha autovía que suporá mellorar a seguridade viaria, a funcionalidade e o nivel de servizo e a competitividade".

Os comerciantes e empresarios cren que o proxecto suporá un antes e un despois para a comarca de Sarria. 

Ricardo Arias, presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria: "Se queremos ter un futuro de desenvolvemento social e económico é fundamental. Estamos preto do eixe de Nadela, un eixo encrucillada de autovías e autoestradas a toda España, e unha vez que estea a autovía quedará a dez minutos".

Polo actual corredor circulan a diario máis de 7.100 vehículos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019