CRTVG

Buscar

A Xunta investirá 152 millóns de euros nas iniciativas municipais de fomento do emprego

Publicado o 10/08/2021 15:21

A Consellería de Emprego e Igualdade aprobará este ano o cen por cento das solicitudes de formación para o emprego presentadas polos concellos. Confirmouno a conselleira María Jesús Lorenzana nunha visita ao obradoiro de emprego de Ames e Brión.

A Xunta prevé investir este ano 152 millóns de euros neste tipo de programas formativos, e abrirá, ademais, novas liñas de fomento do emprego.

"Estamos tamén innovando con outras cuestións, como é a Axenda Galega de Capacidades que presentaremos no último trimestre do ano e que vai ser innovadora porque buscaremos un pacto entre os axentes sociais e o Goberno naquelas accións formativas que teñen mellor empregabilidade no tecido produtivo", adiantou María Jesús Lorenzana Somoza, conselleira de Emprego e Igualdade.

Noticias web

10/08/2021