A Xunta investirá 11 millóns no impulso da tecnoloxía cuántica
O Consello da Xunta aprobou este xoves unha achega de máis de once millóns de euros para impulsar a tecnoloxía cuántica en Galicia. O obxectivo é que Galicia sexa un referente nesta materia no 2030.
A computación cuántica permite aumentar a velocidade do procesamento de datos e da solución a problemas na medicina, na biotecnoloxia, na automoción ou na aeronáutica. En Galicia, en Santiago, temos o Centro de Supercomputación, que xa conta cun ordenador que pode resolver 4.000 billóns de operacións matemáticas por segundo.
A achega que hoxe aprobou a Xunta sumará a ese equipo outros ordenadores e sistemas para impulsar a tecnoloxía cuántica. Alberto Núñez Feijóo di que a este investimento a Xunta aspira sumar outros 154 millóns de fondos europeos para crear un polo galego nesta materia.