A Xunta intervén unha residencia de Culleredo tralo incremento de positivos rexistrado hoxe
Publicado o 20/09/2020 15:02
As consellerías de Sanidade e Política Social da Xunta de Galicia decidiron intervir o fogar residencial El Pinar, no concello de Culleredo, tralo incremento de positivos por coronavirus rexistrado este domingo, 28 persoas, 21 usuarios e 7 traballadores contaxiados.
Esta decisión implica o seguimento médico constante dos usuarios e profesionais da residencia por parte de persoal do Servizo Galego de Saúde, garantindo así a calidade asistencial e a continuidade da atención socio-sanitaria no fogar residencial.