A Xunta intervén a residencia de Salvaterra, que acumula 110 contaxios
Os contaxios nas residencias de maiores galegas ascenden este martes de forma significativa polos importantes gromos de Salvaterra (Pontevedra) e Barbadás (Ourense) ata os 549 casos activos de covid−19, dos que 340 son usuarios e 209 traballadores, tras contabilizárense en vinte e catro horas 141 novos positivos e producírense 13 altas, informan o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e a Consellería de Política Social.
Un dos focos recentes con máis contaxios está no xeriátrico de Salvaterra de Miño (Pontevedra) —que foi intervido pola Xunta— tras 84 positivos entre os usuarios e 26 traballadores, que se suma a un total de 45 na residencia da Nosa Señora Dos Milagres en Barbadás (Ourense) e ás 16 persoas afectadas no Fogar Residencial San Miguel de Silleda (Pontevedra), segundo os datos facilitados polo Sergas.
Antón Acevedo, director xeral de Atención Integral Sociosanitaria: "É a mellor maneira de evitar que os virus entren nas residencias. Despois temos uns protocolos establecidos porque sabemos que son centros especialmente sensibles. Pero a primeira barreira de defensa que temos é o noso comportamento individual", indica Antón Acevedo, director xeral de Atención Integral Sociosanitaria.
"Son, por un lado, persoas fráxiles que precisan asistencia, co cal ese distanciamento social moitísimas veces non é posible nin entre os propios residentes nin coas persoas que traballan con elas e á parte moitos de eles están en espazos pechados e son edificios onde vive moita xente entón dende ese punto de vista as circunstancias son como as óptimas para que o virus se difunda", explica Acevedo.
Pola contra, recibiu a alta un usuario da residencia de maiores Ballesol de Oleiros e sete dos Gozos do Pereiro de Aguiar, tamén intervida.
Na tarde do luns foron notificados cinco falecementos relacionados con estes centros: tres nos Gozos, un en Salvaterra de Miño e outro no Viso, en Lobeira.
Así as cousas, as residencias cunha maior cifra de contaxiados son a de Salvaterra de Miño, con 84; Residencia Os Gozos do Pereiro de Aguiar, con 79; Nosa Señora Milagres de Barbadás, con 76; e Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia, con 19.
Ademais, a residencia de Ballesol de Oleiros suma 16; DomusVi Lugo, de Outeiro de Rei, 13; Residencial San Miguel de Silleda, 12; Residencia Santa Olalla de Boqueixón, sete; Viana do Bolo, seis; 5 en Val de Monterrei, e dous en Nosa Señora do Viso, en Lobeira (Ourense).
Respecto aos traballadores, un total de 209 (47 máis que onte) teñen o virus, tras os 21 positivos detectados na residencia de Salvaterra de Miño intervida; 26 na de Nosa Señora dos Milagres de Barbadás e catro no Fogar Residencial San Miguel de Silleda.
A estes súmanse un na residencia das Fragas de Pontedeume.
O principal gromo entre os traballadores mantense na residencia Os Gozos do Pereiro de Aguiar, con 41 infectados; seguida da Residencia Nosa Señora dos Milagres con 36 (Barbadás – Ourense); Salvaterra do Miño (26); Ballesol, con 15; a DomusVi de Outeiro de Rei, con 11; Nosa Señora dos Milagres de Barbadás, con 10; Nosa Señora do Viso, en Lobeira (Ourense), con 6; a residencia de Viana do Bolo (Ourense), con 6; a residencia de Salvaterra do Miño (Pontevedra), con 5.
Con catro cada unha sitúanse as residencias Nosa Señora Valvanera de Cambados; Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia; e Fogar Residencial San Miguel de Silleda. Mentres, con tres traballadores atópase a Virxe Branca de Ourense.
A estas cifras, hai que sumar dous casos con covid-19 en Val de Monterrei; a San José de Ourense; a residencia do Incio; Nosa Señora do Rosario, na Cañiza (Pontevedra); Irmáns Prieto, no Carballiño; A nosa Señora das Dores de Forcarei (Pontevedra); Castro Ribeiras do Lea, en Castro de Rei (Lugo); a Santa Olalla de Boqueixón, e Nosa Señora do Socorro, en Arnoia (Ourense).
En canto aos centros de atención a persoas con discapacidade na comunidade galega suman tres traballadores positivos: un na residencia de gravemente afectados de Aspanaes das Pontes, outro en Souto de Leixa en Ferrol e na Domingo Gómez Freire de Ourense.
Deste xeito, os usuarios contaxiados nestas instalacións ascenden a 21 traballadores e 17 usuarios, sendo a máis castigada a DomusVi Bóveda, con 30 casos positivos.