CRTVG

Buscar

A Xunta instalará caixeiros automáticos nos concellos onde non haxa bancos

Publicado o 13/06/2019 19:13

A Xunta vai promover a instalación de caixeiros autmáticos nos 41 concellos onde non hai oficinas bancarias. Feijóo di que é unha iniciativa pioneira en España para mellorar a calidade de vida no rural.

52.000 persoas en Galicia non teñen no concello onde viven un banco ou caixa para facer as súas xestións. Para evitarlles desprazamentos, a Xunta anuncia que vai licitar a instalación de caixeiros automáticos nos 41 municipios onde non hai oficinas, a maioría deles na provincia de Ourense. Así poderán realizar operacións básicas, como sacar ou ingresar cartos, actualizar cartillas ou pagar recibos.

Feijóo dixo que están agardando que se formen os gobernos locais para acordar con eles esta medida, porque a idea de Xunta é instalar os caixeiros en edificios municipais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019