CRTVG

Buscar

A Xunta insta o profesorado a dedicar o primeiro trimestre a recuperar contidos

Publicado o 31/07/2020 14:39

Cando arranque o curso en setembro, cada centro deberá desenvolver un programa de acolllida, para explicarlles ao alumnado e ás familias as novas normas.

Ademais, xa na primeira semana, os docentes terán que redactar un informe de cada rapaz para identificar que contidos imprescindibles lle quedaron sen aprender do curso pasado. A partir de aí deseñarán un plan de reforzo individual.

A Xunta quere que os colexios e institutos dediquen, polo menos, o primeiro trimestre a recuperar o que quedou pendente polo coronavirus, usando incluso as horas de libre configuración ou agrupando materias en primeiro da ESO se fixese falta.

A Consellería de Educación anunciou que vai contratar 543 docentes de apoio a media xornada para primaria e ESO. Para os sindicatos, non é suficiente.

Julio Díaz, presidente de ANPE en Galicia, cre que "non é de recibo que esta Administración intente que o próximo curso escolar teña un custo cero nunha situación sanitaria tan complicada".

Ademais, os docentes terán que programar o curso contemplando a posibilidade de cambiar ao ensino non presencial se a situación sanitaria se complica.

Noticias web

31/07/2020