CRTVG

Buscar

A Xunta insta a levar as bonificacións das autoestradas autonómicas á AP-9

Publicado o 06/09/2019 15:27

O Goberno galego acaba de aprobar unha redución das peaxes nocturnas nas autoestradas de competencia autonómica. E isto pon agora o foco na AP-9. O delegado do Goberno di que se buscarán solucións, unha vez que o Goberno deixe de estar en funcións.

A conselleira de Infraestruturas defendeu que o modelo de bonificacións que aplica o Goberno galego nas súas autoestradas é extrapolable á AP-9. E pídenlle a Fomento que siga o exemplo e o aplique nesta vía que vertebra o 60 por cento do territorio galego.

segundo os datos do Ministerio de Fomento o pasado mes de xullo circularon por Rande unha media de 69.487 vehículos, unha cifra que se converte no mellor rexistro dos últimos dez anos. O tráfico entre Vigo e o Morrazo , o tramo da AP-9 que inclúe a ponte de Rande, recupérase de xeito notable e achégase ás cifras de 2007 . Neste ano durante o mes de agosto rexistrouse a intensidade media diaria máis alta de toda a historia con 71.588 vehículos. Foi entón cando comezaron os problemas de capacidade da infraestrutura o que levou á construción dos novos carrís. Hai que subliñar que este aumento da circulación coincide coa ampliación da ponte e a apertura da autovía do Morrazo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019