CRTVG

Buscar

Comeza en Folgoso o novo plan para recuperar os soutos tradicionais

Publicado o 04/03/2019 16:33

Recuperar os soutos tradicionais, poñelos en valor e promover unha maior actividade económica vinculada á castaña. Este é obxectivo do novo plan que vai pór en marcha a Consellería do Medio Rural. Anunciárono hoxe en Folgoso do Courel, onde se levará a cabo o proxecto piloto.

Poñer en valor a produción de castaña. Nisto traballan xa en soutos coma este de Moreda en Folgoso do Courel. Aquí están a rematar xa os traballos de recuperación de dous soutos abandonados con máis de 9.500 árbores e vinculados a un cento de propietarios. Os bos resultados desta experiencia fan que a iniciativa se traslade a toda Galicia.

O proxecto piloto deste novo plan levarase a cabo no Courel, onde xa hai localizados 45 soutos nunha extensión que abrangue case 2.700 hectáreas de terreo.

Noticias web

04/03/2019