CRTVG

Buscar

A Xunta inicia a renovación da fachada marítima de Porto do Son

Publicado o 14/09/2020 16:29

Despois de estar en Noia, Alberto Núñez Feijóo estivo en Porto do Son, onde a Xunta acaba de comezar a facer obras para renovar a fachada marítima. Van investir catro millóns de euros en humanizar 26.000 metros cadrados de terreo. O obxectivo desta reforma é humanizar a marxe marítima para integrar o porto na vila e facer así máis atractiva a zona portuaria para veciños e visitantes. Prevén rematar os traballos a finais do ano que vén.

Noticias web

14/09/2020