CRTVG

Buscar

A Xunta inicia a rehabilitación en Ferrol Vello para construír vivendas de protección pública

Publicado o 06/09/2019 15:40

Ferrol Vello é un dos barrios históricos de Galicia que recibe fondos do programa Rexurbe. A Xunta merca a prezo de mercado edificios abandonados que rehabilita para construír vivenda de promoción pública.

Este inmoble do que só quedan os muros será a primeira das rehabilitacións. Construiranse dúas vivendas e un baixo nunha zona privilexiada da cidade. A próxima semana licitaranse o resto das 13 actuacións previstas para este ano que suporán 34 novas vivendas no barrio. 

Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: "Neste momentos investimos dez millóns de euros en rehabilitación en Ferrol e imos seguir nesa liña".

Os cascos históricos de Lugo, Ourense e Betanzos tamén se están a beneficiar deste programa que se acaba de ampliar a Tui e Ribadavia.

Noticias web

06/09/2019