A Xunta incentivará a produción de terra nas faixas de protección de incendios
Publicado o 11/04/2019 15:11
A Xunta amplía o convenio que ten cos concellos para previr incendios a carón dos núcleos de poboación. O Goberno galego quere sumar máis municipios e poñer en valor as terras que se limpen.
Unha das novidades que se introducen no convenio son axudas para limpar e preparar as faixas de protección en 40 aldeas que chaman modelo para poñer esas terras a producir, sempre que haxa acordo entre propietarios, agricultores e gandeiros.
Feijóo di que o obxectivo da ampliación do convenio é aumentar a cifra de concellos adheridos, que son 177.
O presidente avisa de que van insistir ata a saciedade para que os donos das terras cumpran co requisito de limpalas.