CRTVG

Buscar

A Xunta impulsa medidas contra a violencia machista no rural

Publicado o 27/07/2020 22:49
A Xunta impulsa medidas contra a violencia machista no rural

A Xunta vai seguir impulsando campañas para previr a violencia machista. Neste caso, no medio rural e a través dun convenio entre as consellerías do Interior e Agricultura.

Poñeranse en marcha medidas de sensibilización e tamén de inserción laboral para mulleres que sufrisen malos tratos.

O acordo está sostido polos fondos do Pacto de Estado contra a violencia machista, que destina a Galicia 8 millóns de euros cada ano.