A Xunta impulsa a candidatura do responsable de Discamino ao Princesa de Asturias da Concordia
Publicado o 10/03/2021 21:57
Discamino non se entende sen Javier e Gerardo. Estes dous amigos conseguiron completar o Camiño de Santiago en 2009. Xunto a Javier non houbo barreiras para este vigués xordo-cego, Gerardo, que quixo compartir un soño feito realidade
E dende aquela, oitenta camiños e algo máis de trescentos peregrinos chegaron a Santiago grazas ás pedaladas solidarias de Discamino. Unha gran familia que non deixa de medrar compartindo retos e amizade
Sorprendidos pero felices pola campaña que impulsa a súa candidatura aos Premios Princesa de Asturias, confórmanse con que a iniciativa cumpra un obxectivo.