CRTVG

Buscar

A Xunta imporá a sanción máxima ás empresas que baleiraron catro encoros

Publicado o 04/09/2021 20:32

A Xunta abre expendiente e impónlles a sanción máxima ás concesionarias hidroeléctricas polo baleirado de catro encoros de Lugo e Ourense. Este procedemento súmase ao expediente que o Goberno galego tamén lle abriu á Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola súa responsabilidade no baleirado.

A Consellería de Medio Ambiente imponlles así a sanción máxima prevista pola lei ás concesionarias das presas de Cenza, As Portas, Salas e Belesar ao entender que efectuaron o desaugamento sen a autorización preceptiva e sen tan sequera agardar a que se fixasen as medidas preventivas para evitar a afectación da fauna.

Estas entidades están obrigadas a comunicarlle mínimo cun mes de antelación á Confederación Hidrográfica que van proceder ao baleirado; logo ese órgano notifícallo á Consellería para que se fixen as actuacións oportunas.

Noticias web

04/09/2021