CRTVG

Buscar

A Xunta formará 1.400 parados do naval ante a falta de man de obra cualificada

Publicado o 14/02/2018 21:05

A Xunta formará 1.400 parados do naval ante a necesidade que ten o sector de man de obra cualificada. O aumento de actividade no sector naval galego, que o ano pasado facturou 2.500 millóns de euros, pon en evidencia a falta de persoal cualificado.

Xa hai en marcha cursos para persoal ocupado en que están inscritos 800 traballadores, aínda que o obxectivo da Xunta é chegar a 2.000. Para os desempregados, o reto é alcanzar a cifra de 1.400 persoas beneficiarias destes cursos de formación.

A crise, a falta de relevo xeracional e a marcha de traballadores abriron unha fenda nunha industria que, agora que a actividade regresa ás bancadas dos estaleiros, bota en falta persoal cualificado e demanda plans de formación exprés. 

Nunha xornada que se celebrou en Vigo, a consellería de Economía, Industria e Emprego presentou ao sector o seu plan de capacitación.

O sector naval galego acabou 2017 cunha trintena de barcos en construción, 2.500 millóns de euros de facturación e máis de 14.000 traballadores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2018