A Xunta flexibiliza as condicións de asignación de parcelas nos parques industriais da súa propiedade
Publicado o 22/05/2020 15:27
A Xunta flexibiliza as condicións de asignación de parcelas nos parques industriais da súa propiedade. Os terreos xa adxudicados terán unha carencia de 12 meses para pagar o canon de dereito de superficie e haberá prórrogas para que as empresas poidan cumprir as obrigas que supoñen as bonificacións de compra de solo público autonómico. As empresas que se instalen despois do estado de alarma terán novos incentivos.
O Consello da Xunta tamén aprobou este venres 2,8 millóns de euros para apoiar os concellos nas axudas sociais que están prestando, como apoios económicos directos, atención ás persoas sen fogar e bolsas de comerdor nas garderías.