CRTVG

Buscar

A Xunta fixa como prioridade para Galicia que o Estado lle pague a débeda do IVE

Publicado o 28/01/2020 20:43

• A oposición lembra que se trata dun problema creado polo PP

• O Goberno nega que o Estado quede con 2.500 millóns das comunidades

 

A Xunta considera que a postura do Goberno central respecto á débeda que teñen coas comunidades autónomas é unha tomadura de pelo e unha estafa política e económica.

Alfonso Rueda dixo na cámara galega que a reclamación dos 370 millóns de euros é unha das prioridades, xunto coa transferencia da AP-9, da axenda galega presentada ante o Goberno central.

Os grupos da oposición coinciden en que é unha reclamación lexítima, pero lembran que o que nos levou a esta situación foi o Partido Popular. O vicepresidente da Xunta fixo un chamamento á unidade dos grupos da oposición para acadar os 25 compromisos que se inclúen na axenda galega.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2020