CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A Xunta favorece o retorno de emigrantes galegos en idade de traballar

Publicado o 27/12/2017 14:48

Un cento de mozos emigrados volveron este ano a Galicia para cursar un máster grazas a un programa de bolsas da Xunta.

O Executivo pretende así favorecer o retorno de galegos no exterior. O ano pasado fixérono, en total, máis de 5.000 emigrantes, a cifra máis alta na última década. O 80 por cento dos que volveron están en idade de traballar.

"Temos 500.000 galegos no exterior e podemos conseguir que eses galegos decidan que o seu plan de vida é dentro da Galicia territorial. A nós viríanos moi ben porque nos poden achegar unha gran experiencia profesional, un coñecemento adquirido en países diferentes e esa sabia nova que tamén desde o punto de vista poboacional necesita Galicia", afirmou o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí