CRTVG

Buscar

A Xunta fará os chamamentos para contratos temporais por SMS

Publicado o 17/02/2019 22:09

A Xunta vai eliminar a notificación dos chamamentos para contratacións temporais a través do correo postal. Substituirá este sistema pola notificación telefónica, a través de mensaxes ou de chamadas no caso de nomeamentos urxentes.

A Administración abrirá un prazo de tres meses para que as persoas das listas que non o fixeron faciliten un número de teléfono móbil que permita este trámite.

Ademais, a Administración tamén notificará os chamamentos por correo electrónico e na plataforma dixital Notifica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2019