CRTVG

Buscar

A Xunta expedienta a Nostián por acumular residuos ao aire libre

Publicado o 06/08/2019 16:14
A Xunta expedienta a Nostián por acumular residuos ao aire libre

A Xunta de Galicia expedienta a concesionaria da planta de tratamento de lixo da Coruña por acumular residuos ao aire libre.

A planta de Nostián acumula arredor de 7.000 toneladas de lixo sen tratar desde o mes de abril, cando se pecharon as instalacións a onde se enviaban os rexeitamentos.

Agora, a Administración autonómica comeza a tramitación do expediente sancionador despois de que o venres pasado rematara o prazo para a regularización. Mentres, desde o Concello da Coruña din que se está a pechar un acordo cun xestor autorizado que poida retirar esta cantidade de lixo.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019