CRTVG

Buscar

A Xunta exercerá as súas competencias para que os BIC de Meirás queden no pazo

Publicado o 27/04/2021 16:25

A Xunta de Galicia vai traballar coa Avogacía do Estado para que os bens de Meirás que pertencen ao patrimonio público permanezan no inmoble.

O conselleiro de Cultura asegurou que o Goberno galego vai exercer as súas competencias cando se coñezan os detalles da petición da familia Franco.

Segundo Román Rodríguez, o obxectivo é que as estatuas do Mestre Mateo e a biblioteca de Emilia Pardo Bazán, Bens de Interese Cultural, queden onde están. 

Noticias web

27/04/2021