CRTVG

Buscar

A Xunta estuda reabrir o ocio nocturno en xuño, se hai a vacinación esperada

Publicado o 21/04/2021 12:46
A Xunta estuda reabrir o ocio nocturno en xuño, se hai a vacinación esperada

A Xunta de Galicia estuda co sector do lecer nocturno a posibilidade de reabrir estes locais para mediados ou finais do mes de xuño, se as condicións epidemiolóxicas o permiten e, sobre todo, se se cumpren os obxectivos de vacinación para esas datas.

En concreto, lembrou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na conferencia de prensa tras a reunión do comité clínico deste martes, a previsión é que para entón estean vacinados todos os maiores de 60 anos, un "fito importante" que marcará unha antes e un despois na desescalada en Galicia, aínda que estes tramos de idade non estean "relacionados" co lecer nocturno.

Os locais tamén terían que cumprir unha serie de requisitos sobre ventilación e mecanismos de entrada e saída, do mesmo xeito que se fixo para a reapertura da hostalería, e realizar unhas probas piloto no mes de maio, tal e como expuxo a Xunta nas súas reunións cos representantes do sector.