CRTVG

Buscar

A Xunta estuda deixar de admitir nas súas escolas infantís os nenos sen vacinar

Publicado o 26/02/2019 07:48

 

 

A Xunta de Galicia estuda deixar de admitir nas súas escolas infantís os pequenos que non estean vacinados. A medida poderíase implantar xa para o próximo curso escolar. O obxectivo é concienciar as familias da necesidade de manter uns altos índices de vacinación para garantir a inmunidade de todos.

Os especialistas en vacinación infantil consideran positiva a medida que estuda a Xunta de esixir que os nenos de 0 a 3 anos que vaian a un centro da Administración autonómica teñan que cumprir co calendario de vacinación oficial.

Federico Martinón Coordinador da Unidade de Investigación en Vacinas do IDIS: "Paréceme unha boa idea, complementaria doutras, que pode ser disuasoria para aquelas persoas, minoría, que non vacinan os seus fillos e que, no peor dos casos, si vai protexer as persoas que si o fan ben".

Pese a que legalmente a vacinación non é obrigatoria en España, varias sentenzas xudiciais avalan a potestade de restrinxir o acceso en centros educativos a nenos non vacinados pola incidencia negativa que isto supón para a inmunidade do resto dos alumnos.

Federico Martinón, cooddinador da Unidade de Investigación en Vacinas do IDIS: "Os nenos que van ás garderías teñen máis risco de infeccións; son moi pequenos, máis vulnerables, que ademais aínda que se vacinen, pode que aínda non completasen a pauta vacinal, polo que non estarían completamente protexidos e, polo tanto, é bo protexer a xente que o fai ben, que en Galicia é a maioría".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/02/2019