A Xunta estimula o consumo de produtos do mar
Publicado o 20/08/2021 16:09
Coa campaña 'Ti si que es un bo peixe' a Xunta anima 2.000 rapaces a comer peixe e marisco este verán. A conselleira do Mar acompañou esta mañá un grupo de cativos de Ribeira nun dos obradoiros onde se estimula o consumo destes produtos.
A campaña é a continuación da que se está a desenvolver durante o curso escolar. Rosa Quintana lembrou que o peixe e os mariscos son claves para unha alimentación saudable.
Quintana defende que "sobre todo, o que nos gusta que aprendan son os diferentes elementos que conteñen eses peixes e mariscos para axudarlles a eles no seu desenvolvemento. É dicir, eses contidos de vitaminas, de proteínas, de sales minerais..., para que é bo consumir cada un dos produtos do mar".