CRTVG

Buscar

A Xunta estima que preto de 11.000 empregados públicos traballan desde as súas casas

Publicado o 05/04/2020 16:11

Unha das consecuencias desta crise sanitaria é o incremento do teletraballo. A Xunta estima que preto de 11.000 empregados públicos traballan nestes momentos desde a súa casa. A activación de 10.000 conexións para o traballo a distancia nos últimos quince días, xunto coas ferramentas para a tramitación electrónica, garanten a continuidade da administración online.

Nestes días asináronse dixitalmente 82.000 documentos, incrementáronse nun 86% as consultas á plataforma de interoperabilidade e chegaron a duplicarse as notificacións electrónicas. Realizáronse máis de 500 sesións de videoconferencia, nas que interviñeron preto de dous mil empregados públicos.

Noticias web

05/04/2020