CRTVG

Buscar

A Xunta estima que cen industrias e outras 5.000 edificacións se poderían ver afectadas pola reforma da Lei de costas

Publicado o 22/01/2020 13:45

A Xunta estima que un cento de industrias galegas ligadas ao sector marítimo se poderían ver afectadas por esta reforma da Lei de Costas. Pero desde a administración galega advirten que a inseguridade xurídica que conleva o cambio da norma afecta tamén a outras infraestruturas e servizos das poboacións costeiras.

Rosa Quintana, conselleira do Mar: "O estudo que fixo o Instituto de Estudos do Territorio fala de máis de 5.000 edificacións que se verían expostas. Falamos de centros de saúde nas zonas costeiras, colexios, estacións de depuración de augas residuais".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2020