CRTVG

Buscar

A Xunta establece medidas para reducir os riscos de inundacións nos concellos de Galicia-Costa

Publicado o 19/11/2019 14:44

O Plan de xestión do risco de inundación de Galicia-Costa establece un programa de medidas que analizaron na xornada sobre prevención de enchentes organizada este martes en Santiago.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas: "Non só falamos da protección das marxes dos ríos, senón tamén de solucións integrais como a ordenación do territorio, desde o punto de vista urbanístico e tamén de Protección Civil. Polo tanto, solucións integrais e transversais"

Neste encontro, tamén falaron do prognóstico de inundacións. Meteogalicia, Augas de Galicia e a Universidade da Coruña colaboran para elaborar un modelo de predición de caudais e niveis en zonas poboadas.

Jerónimo Puertas, catedrático de Enxeñería hidráulica: "E iso permitirá, cun ou dous días de marxe, ter unha idea de cales son as zonas que poden sufrir unha inundación"

Os expertos achegan solucións para as zonas potencialmente inundables.

Jerónimo Puertas, catedrático de Enxeñería hidráulica: "Non é razoable construír unha casa ou un colexio, por exemplo, pero si un parque que, cando chova, se permita que se inunde. Ese tipo de actuacións verdes chámanse solucións baseadas na natureza. Son como pulmóns para que, cando hai unha inundación, saibamos onde conducir a auga"

A idea, din, é combater as inundacións dun xeito máis amigable, máis verde e que require máis planificación.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019