A Xunta esíxelle un plan ao Goberno contra os peches de oficinas bancarias rurais
Publicado o 08/09/2021 14:51
A Xunta de Galicia esíxelle ao Goberno central unha actuación urxente para evitar que o rural quede sen oficinas bancarias.
Nunha carta remitida á vicepresidenta Nadia Calviño o conselleiro de Facenda reclama un plan global estatal que contemple cambios normativos para que os núcleos máis cativos non queden sen este servizo.
Desde 2008 Galicia perdeu máis de 1.300 oficinas, e hoxe en día un de cada dez concellos galegos non conta xa con ningunha sucursal bancaria.