A Xunta entrégalle o edificio Redeiras á Universidade de Vigo
Publicado o 31/05/2021 16:00
O edificio Redeiras, no Berbés, forma xa parte da Universidade de Vigo. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a entrega do inmoble exemplifica o compromiso do Goberno galego coa cidade de Vigo, coa Universidade e co Casco Vello.
A Xunta investiu máis de dous millóns de euros na rehabilitación deste edificio, cunha superficie de preto de 1.500 metros cadrados. Durante a visita ás instalacións, Feijóo salientou a ambición arquitectónica e a aposta pola sostibilidade desta infraestrutura.
A Admnistración autonómica conta con 82 inmobles na cidade histórica viguesa adquiridos para a súa rehabilitación.