A Xunta entrega un novo camión de Emerxencias ao GES da Guarda
Publicado o 11/12/2019 20:10
O GES da Guarda conta dende hoxe cun novo camión de emerxencias que vai reforzar a atención na fronteira con Portugal no marco do proxecto europeo ARIEM+.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director de xeral de Emerxencias entregaron o novo vehículo na sede do Grupo de Emerxencias Supramunicipal da Guarda.
ARIEM+ é un espazo común en materia de emerxencias entre Galicia, Castela e León e o Norte de Portugal, que permite conseguir mais eficiencia coa colaboración en materia de emerxencias e riscos transfronteirizos, como a prevención e xestión de riscos naturais relacionados co clima e coas actividades humanas.