CRTVG

Buscar

A Xunta Electoral sancionará a Quim Torra

Publicado o 26/04/2019 08:09

A Xunta Electoral sancionará a Quim Torra, presidente da Generalitat, polo contido da súa mensaxe institucional do día de Sant Jordi e tamén por correos electrónicos a funcionarios. Nos dous casos, incoa expediente sancionador por considerar que son mensaxes electorais en campaña.

Son resolucións deste xoves, cando a Xunta Electoral tamén autorizou algunhas entrevistas electorais a candidatos soberanistas presos. Ademais, considera que non ten competencias para autorizar a petición de Junqueras de facer declaracións por videoconferencia a noite electoral do domingo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/04/2019