O debate do 23 de abril será finalmente sen Vox tras a decisión da Xunta Electoral
Publicado o 16/04/2019 21:18

Tras a decisión da Xunta Electoral Central de suspender o debate "a cinco" que tiña previsto celebrarse o día 23, a canle privada organizadora decidiu readaptar o formato para que sexa "a catro", polo que fialmente Vox queda excluído.
A Xunta Electoral Central suspendeu o debate a cinco en Atresmedia. Atendeu os recursos de Junts per Cat, PNV e Coalición Canaria. Estas formacions consideraron que o formato non respectaba a proporcionalidade, igualdade e neutralidade sobre todo pola participación de Vox, un partido sen representación parlamentaria na lexislatura anterior. Agora, este grupo de comunicación propón como alternativa un debate a catro con Sánchez, Casado, Rivera e Iglesias.