CRTVG

Buscar

A Xunta Electoral avala a inclusión de Toni Cantó na candidatura do PP

Publicado o 05/04/2021 20:48

A Xunta Electoral avala a inclusión de Toni Cantó nas listas do PP para as eleccións á Asemblea de Madrid. Determina que a candidatura cumpre con todos os requisitos legais. Rexeita así o recurso do Partido Socialista que entendía que o exdeputado de Ciudadanos era inelixible porque non estaba empadroado en Madrid dentro do prazo que marca a lei para poder ser candidato. Contra a resolución da Xunta Electoral cabe o recurso no contencioso administrativo.

Noticias web

05/04/2021