CRTVG

Buscar

A Xunta Electoral apercibe a Iglesias e Ayuso por facer campaña dende os seus cargos

Publicado o 25/03/2021 18:37
A Xunta Electoral apercibe a Iglesias e Ayuso por facer campaña dende os seus cargos
A Xunta Electoral Provincial de Madrid estima que o vicepresidente segundo de Goberno, Pablo Iglesias, e a presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, infrinxiron a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral con declaracións públicas efectuadas desde os seus respectivos cargos institucionais antes do período de campaña.
No caso de Iglesias, que foi denunciado polo PP, a Xunta sinala que no vídeo que o vicepresidente gravou no seu despacho para anunciar que se presentaba ás eleccións do 4 de maio na Comunidade de Madrid fixo "extensas alusións aos logros obtidos polo partido Podemos no Goberno de coalición", que ao emitirse "nun acto procedente dun poder público deberon evitarse".
Sobre Ayuso, a Xunta estima parcialmente unha denuncia interposta polo PSOE ao indicar que nunha conferencia de prensa celebrada o 15 de marzo "aludiu aos logros e realizacións obtidos na loita contra o virus covid e chegou a pedir o voto para a súa candidatura", polo que, do mesmo xeito que Iglesias, "incorreu nunha infracción